27 de out. de 2014

Os medos!!!


Os medos infantís forman parte do desenvolvemento evolutivo. Para superalo, os nenos deben ir gañando confianza en sí mesmos. A festa do Samaín pode ser un bo momento para traballar o medo co fin de que poidan disfrutar desta celebración e vivila como unha divertida experiencia.

Algunhas ideas para traballar o medo na clase son:


  • Tomar conciencia dos nosos propios medos. Falar deles e verbalizalos ante todo o grupo.
  • Falar das sensacións que sentimos cando temos medo: súor, temblor, tensión...
  • Normalizalo. Todos temos/tivemos medo nalgunha ocasión.
  • Recordar como superamos antigos medos.
  • Investigar sobre as cousas ás que lle temos medo.
  • Facer enquisas  ou un conto viaxeiro no que os adultos falen sobre a que teñen/tiñan medo e que fan/fixeron para vencelo.
  • Dramatizar relatos nos que algunha persoa vence o seu medo, buscándolle o lado divertido a situación.
  • Ler contos nos que o protagonista supera o medo (Ver Los miedos infantiles en la literatura para niños).
  • Debuxar/Escribir os nosos medos e metelos na caixa "comemedos".
  • Facer un pequeno libro, unha presentación... cos medos de todos os nenos da clase.
  • E por si non se vos ocorren outras ideas, aquí tedes:
  • O enlace do obradoiro "Traballar as emocións: o medo" do Equipo da Biblioteca do CEIP Quintela-Moaña.
  • E tamén dous taboleiros de Pinterest do blog de Orientación Condesa, picade na imaxe para acceder a eles:


Medos infantís